Revista Convives nº 10

O noso amigo @Javier García Barreiro, presidente da Asociación Convives, escribe:

“Unha escola de calidade é aquela que é quen de ofrecer unha resposta educativa á diversidade de capacidades, intereses e necesidades de aprendizaxe do seu alumnado.

Fomos evolucionando no noso pensamento dende a exclusión á inclusión. A inclusión educativa supón un compromiso para a creación dunha sociedade máis xusta, que pon en valor a diversidade humana e fortalece a aceptación das diferenzas. Dende a escola para a vida. Nesta diversidade comprendémonos mellor, aprendemos a convivir e construímos xuntos un mundo de oportunidades reais.

Baixo a hipótese de que a adecuada atención á diversidade mellora a convivencia nos centros, ideouse este número. Combina reflexións e prácticas que, á vez que axudan ao alumnado con necesidade educativas, enriquecen o currículo, os aprendizaxes e a propia vida na aula.

Ábrese tamén unha nova sección sobre convivencia e actualidade.

Antonio Lobato (como coordinador) e Angels Grado (como directora) sacan á luz este número 10 da Revista Convives.

Le e descargar a revista no noso blog:

Recibe un cordial saúdo: Javier”

Revista Convives nº 10