Primeiro REA de EDIA Primaria: “Cuando vivían en blanco y negro”

Estamos de celebración!

As mestras e mestres de primaria estamos de celebración, ou polo menos aqueles que estamos a desexar e tentamos humildemente promover un cambio metodolóxico. Esta semana publicouse a primeira secuencia didáctica do proxecto EDIA Primaria por parte dos nosos grandes amigos do CEDEC : “Cuando vivían en blanco y negro”

Unha proposta metodolóxica aberta, con todo o material anexo necesario en formato aberto para que o poidamos adaptar aos diferentes contextos co mínimo esforzo.

Dende AiovaiEducación non nos queda outra que darvos as máis sinceras GRACIAS e FELICITARVOS unha vez máis polo traballo realizado. Esperamos facervos xustiza no uso e transformacións que fagamos del.

Toda a información no artigo “Aprendizaje por proyectos para Primaria: reflexión, cooperación y difusión

Ficha técnica:

Licencia Creative Commons Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY-SA)